Toponimia

Do termo latino pons, o nome desta parroquia fai referencia a unha antiga construción usada para cruzar o río Deza. 

Vexamos agora unha pequena explicación dos nomes dos núcleos de poboación:
  1. A Aldea de Baixo (ou de Abaixo): indica a posición do lugar respecto dun punto de referencia a maior altura
  2. A Aldea de Riba (ou de Arriba): igual que o anterior, estando o punto de observación a menor altura.
  3. Carderrei (ou Casderrei): trátase dun rotacismo do s de casa nun r, acompañado do nome Rei, sen ter por que referirse a un monarca histórico.
  4. O Espiño: pode referirse ao arbusto espiñoso Crataegus monogyna.
  5. Meixomence: pode referirse ao nome latino Maxuminus > Maximino, ou ben ser un topónimo propicitario Bencomenzo > Beicomenzo > Meixomence.
  6. A Regueira: nome dado ao terreo polo que discorre unha corrente de auga.
  7. Rosende: corresponde co nome visigótico Rudesindus > Rosendo.
  8. O Sino: fai referencia a unha campá, ou xeralizando, a unha igrexa.
  9. Trasfontao: indica a posición deste lugar con respecto a unha fonte (do latín fontanun > Fontao).
  10. Tras do Sisto: situa este lugar tomando como referencia O Sisto < Xisto.

Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis