As pontes

Aínda que o seu nome se deba á desaparecida ponte da Insua, a parroquia de Ponte conta na actualidade con algo máis dunha ducia destas construcións, ben sexan pontes, viadutos ou pasos. Velaquí a recompilación:
- Sobre o río Deza: o viaduto da PO-205 (aínda que realmente xa está nos termos de Saídres) e a ponte do Pozo Negro (na imaxe).

- Tres pontes sobre o río da Mera en Rosende.
- O Pontillón, sobre o regueiro de Meixomence.
- Na AP-53, dúas pontes sobre ela (en Guncín e no Monte de Arriba (a da imaxe)), un paso por debaixo na saída e a que cruza a PO-205.
- Na vía, as pontes de Laxes, a da PO-205 e da Xaldiña ou da Devesa (imaxe da esquerda) e os pasos baixo ela en Suseixos (imaxe da dereita) e nas Regas.


Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis