A igrexa parroquial

A actual igrexa parroquial levantouse sobre unha pequena capela dedicada á Virxe dos Remedios, construída arredor de 1800. Como se aproveitou a estrutura existente, iso condicionou a orientación do templo, xa que a porta grande mira cara o sur, cando o normal é que estea orientada ao oeste.


Tras producirse o cambio dende o antigo templo, en 1863, a capela sufriu constantes reformas para acadar estado actual. Convén destacar as realizadas a comezos do século XX, estando como párroco José García Iglesias (das que se conserva a fachada) e as que se levaron a cabo na década de 1930, con Manuel Sánchez Noya ao cargo da parroquia. Nestas últimas déuselle a configuración actual, pois construíuse o presbiterio e trasladouse a sancristía do lateral oeste ao norte, tralo presbiterio.
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis