As orixes

A orixe desta parroquia remóntase á Idade Media, cando se constuíu unha ponte que uneu ambas beiras do río Deza: a Ponte da Insua. Conseguíase así un paso entre as terras de Silleda e do Corpiño. Serviu durante séculos como camiño para os romeiros da Virxe do Corpiño, así como para os tratantes e comerciantes da feira de Silleda.
A primitiva igrexa, levantada nun lugar chamado O Agriño, tiña unhas dimensións reducidas e foi posta baixo a advocación do arcanxo San Miguel, que deu nome a parte da parroquia. 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis