Actualidade

O máis destacable do século XXI foi a inauguración da Autoestrada Central Galega, a AP-53, entre Compostela e Ourense. Atravesando Ponte de oeste a leste, deixou ao seu paso unha saída, á altura do seu quilómetro 33 e nas proximidades do lugar de Meixomence; e unha peaxe semitroncal.
No ano 2012 bota a andar a Asociación Veciñal A Trabe de Ponte. Así denominada pola lenda da trabe ou viga de ouro que (supostamente) hai na parroquia, está a realizar diversas xestións para o beneficio da parroquia e organizando actividades para todos os públicos. Destaca a organización do concerto Melodías de Outono, cuxo cartel conforman as principais bandas xuvenís da comarca, ou o acondicionamento dalgúns enclaves naturais da parroquia, como o entorno dos muíños e saltos de agua de Rosende.
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis