A antiga igrexa

Do que fora a antiga igrexa e adro parroquiais, só quedan montes de pedras e un valo que, no seu momento, separou a vivos de mortos. As progresivas reformas na nova igrexa foron as causantes de que se fosen levando as pedras que formaban parte das paredes do antigo templo, ata nin deixar os cementos das mesmas. Posteriormente, o expolio de canta pedra estaba gravada ou tiña inscricións ou unha forma peculiar acabou por deixar este pequeno recinto sen resto algún do que antes fora, un lugar de culto e enterramento. Na actualidade, atópase inzado de vexetación e agarda o seu debido acondicionamento.
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis